Nada mellor que unha maqueta para comprender o que é un mapa topográfico e a representación cartográfica do relevo dunha zona. Os alumnos de de Mantenemento de Vehículos, no módulo Sociedade e Cidadanía, elaboraron esa maqueta de Ourense e os pasos que deron foron os seguintes: Primeiro delimitaron o contorno do concello que queremos representar. Posteriormente foron marcando as curvas mestras con diferentes cores para identificar as alturas. Trasladaron esas curvas a un papel de seda, unha a unha para despois ir calcando esas curvas nunha lámina de madeira. Logo foron superpoñendo unha a unha esas láminas, de tal xeito que foi adquirindo altura. Posteriormente matizamos as aristas e pintarán.
As Ciencias sociais abranguen moitas ciencias, de aí o seu carácter interdisciplinar. Por iso este blog presenta moitas temáticas para diferentes niveis educativos tanto para o alumnado como o profesorado. Neste recanto de internet atoparanse tarefas de aula, resumos, documentos e noticias de interese. Poderiamos denominalo "o recanto de recursos varios" Rosa María Cid Galante