01 febrero, 2011

Os apalaches hispanos


Ben é sabido que cando explicamos o relevo de España e a orixe deste sempre recalcamos que temos na península un relevo apalachiense. Dita denominación procede dos Montes Apalaches que se atopan na costa leste de EEUU e que se caracterizan por un modelado ondulado de vales e cristas paralelas producidas pola erosión diferencial. Cando o explicamos indicamos que un relevo apalachiense ten que ver co seu parecido cos montes norteamericanos, pero uns estudos recentes indican que non debe falar tan só dun parecido modelar senón que se pode aludir a unha orixe similar ou irmanada. Cando existía un único continente "panxea" poderiamos imaxinarnos á Península apegada a EEUU e que nese intre, fai 430 millóns de anos, o choque de placas Avalonia, Báltica e Laurentina provocou a aparición dos Apalaches que abarcaría: Canadá, Gorenlandia, Irlanda, Escocia Noruega, Portugal, España (Galicia e Asturias) e Marrocos. Polo tanto estamos ante unha modelaxe antiga, do Paleozoico. Posteriormente, ao separarse ou fragmentarse este grande "cratón", entendo por cratón unha enorme rocha, os antigos Apalaches quedarían separados.

Pero o que resulta moi atractivo é ver ese marabilloso relevo ondulado, na fotografía co google earth se capta perfectamente e eu subliñei cunha liña esa ondulación. Espero que quedara gráfica.

Se queredes máis información recurride a: