08 febrero, 2011

DETROIT UNHA CIDADE PANTASMA







Esta fin de semana lin unha reportaxe impactante no semanal do País a cerca do estado no que se atopa Detroit. Unha cidade que foi un gran centro industrial de EEUU está en plena decadencia. Hai ruínas onde antes había casas, rúas, parques...Parece que nos introducimos nunha cidade do futuro totalmente esquilmada. Polo visto hai un "exército de vagabundos" que ocupan o centro. As escolas pechadas, os locais saqueados...A sociedade civil está destruída e os edificios abandonados. O curioso de todo isto é que esta cidade vivíu a innovación levada a cabo por Henry Ford ao crear o sistema de traballo en cadea "fordismo" para elaborar o coche Ford modelo T. Dende entón a cidade prosperou chegando enxeñeiros, empresarios...e demais visionarios que vían que a localización de Detroit era privilexiada por estar preto dos Grandes Lagos. Era unha cidade acolledora, era unha cidade onde a lei Jim Crow (aquela que segregaba aos negros no sur) non fixo efecto e chegaron inmigrantes atraídos polas industrias. Pero os disturbios e racismo comezou a aparecer e os disturbios de Detroit son un dos máis violentos da historia de EEUU. Os brancos pudientes trasladáronse ás aforas da cidade e o centro foi ocupado polos negros. As fábricas comezaron a decaer e pechar. Decadencia, decadencia, decadencia. O paro en Detroit chega ao 28% pero outros din que chega ao 50%. Hoxe parece unha cidade-cárcere onde non hai supermercados, nin tendas. É asombroso.