24 mayo, 2009

Tormenta de area en China




Estiven vendo un interesante documental na TVE 2 sobre as tormentas de area en Pekín ou Beijing e deixoume impresionada. Resulta que esta cidade sofre, durante dúas veces ao ano, unhas fortísimas tormentas de area que afectan á vida da cidade e incluso morren persoas pola asfixia. As imaxes eran impresionantes. A tormenta procede do Norte, dende Mongolia, e prevese que dentro duns anos China quedaría convertida nun deserto, xa hai pobos na zona norte de China que sofren trinta tormentas ao ano o que fai desprazar ás xentes deses lugares.