Fomos de visita a Ridimoas, unha excursión estupenda e moi ben planificada. Co alumnado de 3º A e D do IES Universidade Laboral visitamos Ridimoas e fixemos un recorrido cultural e paisaxístico precioso. O traxecto estaba organizado en 7 paradas:
Primeiro visitamos o museo instalado no IES o Ribeiro.
Logo trasladámonos a Beade e alí tivemos ocasión de ver a igrexa de Beade cos escudos da serea e tamén os cruceiros (un coa Cruz de Malta da Orde de San Xoan de Xerusalén) e os cruceiros que representan o Calvario, é dicir, Cristo e os ladróns, un dos cales dálle as costas a Cristo (o mal ladrón) e o outro vírase cara el (o bo ladrón). Os ladróns represéntanse atados a unha T patibulada e Cristo aparece cravado na cruz latina.

A igrexa é moi interesante, iniciada no románico a súa portada é barroca, destacando unha torre campanario de 52 metros de altura.
A seguinte parada foi na Anduriñeira denominado así porque alí concentrábanse as anduriñas cando ían de paso cara Africa. Actualmente esta zona está ocupada por viñedos.
Outra parada foi no lugar de Valdasmo, lugar que fai referencia á terra dura que verte auga ao fondo do val. Hoxe está dominada por bosque mixto de piñeiros, carballos, mimosas...
Logo camiñamos cara o Poenxo onde abundan os arbustos. O seu nome fai referencia a menta silvestre utilizada para aromatizar castañas cocidas. Hai frescas pozas onde se atopan as salamandras negras con pintas marelas.
Percorrimos o Camiño de carro que era un camiño por ían os arrieiros levando o viño a Pontevedra para venderllos aos ingleses. Era un camiño xa utilizado no século XIV. Nun tramo deste camiño estaba o lugar denominado as escolas porque alí Don Antonio Manuel de Seijo impartía clases aos nenos do lugar, clases de latinidade aos nenos e de primaria aos nenos e nenas. As pedras onde se sentaban os nenos aínda manteñen a forma. Alí sentamos un rato.
Camiñamos cara Cabreira, o nome é debido a que era unha zona de pastoreo de cabras, agora dedicado ao viño. As especies arbóreas e vexetais que había son os carballos, cerquiños, madroño, toxo. Nesta zona conviven esquíos, xabaríns, raposos, rulas, bubelas, cucos, etc.
Foi unha excursión moi produtiva, con moita información e moi bonita.