A materia de Xeografía permite abordar temas da máxima actualidade e, non en van, o alumnado amosa curiosidade e adoita a preguntar sobre acontecementos e feitos que diariamente veñen nos xornais. Por tal motivo unha experiencia moi interesante é o Telexornal na aula. O ano pasado fixen no IES Lama das Quendas uns Telexornais cos alumnos de 3º ESO, pero con rigor e seriedade, pois as noticias gardaban relación co currículo da materia. A experiencia realizouse seguindo o plan que a continuación expoñemos:
1.-TRES ALUMNOS/AS DEBEN SER COORDINADORES/AS, é dicir teñen que organizar o telexornal, para iso deben ver un telexornal na tele e ir anotando como vai sendo a estrutura.
2.-DOUS ALUMNOS (NENO, NENA) SERÁN PRESENTADORES, deben vir preparados e dicir os titulares das noticias que se van a comentar no telexornal ALGUNHAS DELAS SERÁN DESENVOLVIDAS POLOS REPORTEIROS E OUTRAS AS DESENVOLVERÁN ELES (AS NOTICIAS DÓUVOLAS EU E DE AÍ ENTRE TODOS SELECCIONAR QUE NOTICIAS SE QUEREN DICIR, TAMÉN SE PODEN INTRODUCIR OUTRAS INTERESANTES).
3.-ALUMNOS/AS QUE SELECCIONEN A MÚSICA DO TELEXORNAL E UN ANUNCIO (QUE SE FARÁ NO MEDIO DO TELEXORNAL)
4.-DOUS ALUMNOS/AS DIRÁN AS NOTICIAS DEPORTIVAS (TÉÑENAS QUE PREPARAR ELES POIS EU NON DOU NOTICIAS
5.-UN ALUMNO/A DIRÁ A NOTICIA DO TEMPO.
6.-OUTRO ALUMNO/A OU DOUS PODEN TRAER UNHA CÁMARA DE VIDEO E FOTOGRAFÍA PARA IR GRAVANDO E FOTOGRAFANDO PARA LEMBRAR A EXPERIENCIA (ISTO É VOLUNTARIO)
7.-O RESTO DO ALUMNADO (DE FORMA INDIVIDUAL OU EN GRUPOS DE DOUS) DEBE REPARTIRSE AS NOTICIAS QUE SE SELECCIONARON PARA O TELEXORNAL E PREPARALA PARA FALAR DELA CANDO TOQUE E TRATAR DE NON LER.
PÓDESE ESCENIFICAR UNHA ENTREVISTA, UN FAI DE PERIODISTA E OUTRO DE ENTREVISTADO DA NOTICIA QUE LLE TOCOU.
Os resultados superaron as expecativas, foi asombroso como se implicaron todos e a seriedade con que realizaron o traballo. A continuación poñemos un video que os alumnos/as subiron a youtube pero noutra ocasión poño todo o telexornal porque merece a pena.
http://www.youtube.com/watch?v=xO_Ek7fNDzA