Naceu en Tingentera, cerca de Tarifa, e escribiu nas
décadas trinta e corenta do século I. Fixo unha obra en tres libros na que describe
as diversas terras que se coñecían, e que se titula Chorographia.No
que se refire a Hispania fai descricións de costas do Mediterráneo, das illas
Baleares, da zona de Cádiz e da costa atlántica. A súa obra é importante por
recoller máis dun cento de topónimos e etnónimos da Península
Ibérica no século I. Posiblemente as informacións achegadas por militares,
funcionarios romanos e visitantes constitúan as súas fontes, ademais de Cornelio
Nepote, Salustio e Varrón.
Vid: Wikipedia