12 marzo, 2011

Anaximandro de Mileto


Iniciamos unha nova sección neste blog que vai ir coa etiqueta de XEÓGRAFOS. Paréceme interesante que coñezamos a diferentes personaxes que manifestaron as súas inquedanzas xeográficas e que conseguiron lanzar teorías a base de estudos interesantes. Hoxe comezamos, dende a antigüidade, con Anaximandro de Mileto (610-547 a.Xc). Temos que saber que Mileto era unha antiga cidade, hoxe desaparecida, e que se converteu na actual Turquía. Pois ben, Anaximandro era discípulo de Tales de Mileto (considerado o primeiro filósofo occidental). Anaximandro dedicouse a múltiples investigacións, que lle levaron á afirmación de que a Terra é esférica e que xira ao redor do seu eixo. Tamén se lle atribúe o trazado dun mapa terrestre, ademais doutros traballos como a fixación dos equinoccios e os solsticios, e o cálculo das distancias e os tamaños das estrelas, así como a elaboración dun reloxo de sol e dunha esfera celeste.
Tamén elucubraba sobre a orixe das especies indicando a súa procedencia húmida, segundo el, o ser humano tiña como antepasados os peixes.
Vid: Biografías vivas. Anaximandro