19 abril, 2009

Primeiro premio escolar RENFE para alumnos do IES Universidade Laboral

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Universidade Laboral de Ourense levaron o primeiro premio polo traballo: "Aprovechamiento de vías y estaciones en desuso: Tren metropolitano de Ourense". O traballo foi dirixido polo Profesor Don Emilio Rodríguez Portabales e desprazaranse a Madrid o próximo martes, día 21 de abril, ao Museo do Tren para recoller o premio.
O traballo reviste gran interese e está realizado con gran exhaustividade e rigurosidade. O planteamento inicial do traballo baséase no seguinte obxectivo:
  • Dado que Ourense, cidade de 107.000 habitantes aproximadamente, é unha urbe á que conflúen diariamente habitantes dos arredores para realizar diferentes xestións, para o cal deben facer uso do transporte público (autobús) ou particular (vehículo propio), sería adecuado o aproveitamento das vías e estacións que quedarán en desuso a partir de 2012 coa chegada do AVE establecendo un tren metropolitano para Ourense desde Laias a Taboadela, con paradas en diversos lugares do traxecto.
    Partiron das hipóteses seguintes:
  • Coñecer o número de usuarios
  • Establecer as cabeceiras da liña do tren
  • Analizar o percorrido para determinar as paradas
  • Estudar os lugares de interese situados no entorno de cada parada para coñecer o potencial de usuarios.
  • Realizar un estudo de tempos, horarios, frecuencias do tren metropolitano
  • Analizar os cruces de trenes tendo en conta que non hai dobre vía.

E dito e feito, distribuídos por grupos foron realizando os diferentes estudos dando como resultado unha memoria de traballo moi interesante e increíble, con numerosos anexos, cálculo de distancias, tempos de chegada, etc...NORABOA.

Para saber máis:

Vid:http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009041600_16_317055__Ourense-tren-metropolitano-futuro

http://www.laregion.es/noticia/87740/premio/escolares/universidad/laboral/tren/metropolitano/