12 enero, 2015

TEMA 4 A MINERÍA, A ENERXÍA E A CONSTRUCIÓN


TEMA 4: A MINERÍA,A ENERXÍA E A CONSTRUCIÓN

Resumo do tema







Ao longo de toda a costa española e dentro das 200 millas que marca a Zona Económica Exclusiva (ZEE) existen recursos de ouro, titanio, terras raras, manganeso, estaño, ferro, áridos, gas. En España, a explotación mineira dos leitos mariños aínda está en fase moi incipiente habendo un potencial grande e é que o mar alberga o 96% de todo o cobalto do planeta, o 84% de níquel e o 35% de cobre. En España a zona máis potente é a de Cádiz. Alí elévanse dous volcáns de gas: Albolote e Gazul. Detectáronse 52 destes promontorios e 10 están na ZEE española o que supón unha esperanza enerxética xa que en España o gas natural supón tan só o 0,12%. Tamén en Cádiz hai manganeso, ferro e depósitos de titanio. Tamén nas nosas costas temos petróleo en cantidade de 2513 barrís ao día. Observando o mapa obsérvanse as zonas onde poden aparecer recursos mineiros.
Vid: El País, 24-04-2011


A empresa canadiense Nautilius Minerals desenvolverá, á 1.600 metros de profundidade, a primeira mina de ouro submarina do mundo en Papúa Nova Guinea. É unha experiencia máis, totalmente innovadora, que pretende extraer recursos mineiros dos fondos mariños. Os mares conteñen unha grande cantidade de minerais que supoñen un atractivo máis para as empresas extractivas.








Coa chegada da crise o debate a cerca das centrais nucleares abriuse por parte daqueles sectores que as defendían e pretendían mantelas xa que proporcionaban unha electricidade máis barata (Kw/h) que a procedente doutras Centrais. Coa catástrofe de Xapón o debate encamíñase cara os defensores de pechar ditas centrais. É sorprendente como unha Central nuclear, que está deseñada con todo detalle non parece ter previsto un sistema de redución de riscos cando hai que someter ao reactor a un enfriamento inmediato.
As centrais nucleares non só son un risco para a vida, senón que proporcionan gran cantidade de residuos que son necesarios reciclar e esa reciclase é moi custosa.
Vexamos o ranquig de países en materia nuclear.
En España existen 9 centrais nucleares, que provén o 32 % da xeración de enerxía eléctrica, cunha potencia instalada de 7.798 MW, o ano 2000 forneceron o 28 % da enerxía consumida nese país, lembremos que os seus recursos hidráulicos xeran só o 15 % do total da enerxía. No referente ao mercado de xeración, no que se atopan inmersas estas centrais nucleares, é un mercado desregulado desde 1998 do tipo ISO-PX onde o funcionamento das instalacións de produción de electricidade é o resultado da "casación" das ofertas e demandas de enerxía eléctrica que leva a cabo no mercado de produción xestionado pola "Compañía Operadora do Mercado". Nel, as empresas produtoras comunican cada día libremente a cantidade e prezo aos que están dispostas a vender a electricidade das súas instalacións en cada unha das 24 horas do día seguinte. Unha vez recibidas as ofertas de todos os produtores, determínase, para cada hora, a entrada en funcionamento das instalacións en función do prezo ao que ofertasen a súa enerxía (dando prioridade de maneira sucesiva ás que ofrecen a electricidade máis barata), até cubrir a totalidade da demanda prevista. As instalacións que ofrecen a súa electricidade a un prezo superior ao da última instalación cuxo funcionamento fose necesario para atender a demanda nese período non son seleccionadas para funcionar. En cada período horario, o prezo ao que se paga a enerxía de todas as unidades que funcionaron é igual ao da oferta de venda de electricidade que fose realizada pola última unidade cuxa selección resultase necesaria para atender a demanda prevista. Os baixos custos variables de produción da enerxía eléctrica producida polas centrais nucleares permitiron que, neste marco, estas mantivesen o seu funcionamento continuo á potencia máxima permitida. A súa produción unicamente viuse alterada polas limitacións técnicas impostas polas súas especificacións de funcionamento ou as incidencias que puideron suceder.

Podes comprobar que sabes das materias primas e fontes de enerxía. Propóñoche que realices o seguinte test.



TEST DAS MATERIAS PRIMAS E FONTES DE ENERXÍA II

ENCRUCILLADO DAS FONTES DE ENERXÍA

O petróleo, fonte de enerxía por excelencia nos nosos días, a pesares de que na actualidade estanse a buscar outros recursos como o biodiesel, era xa coñecido na antigüidade. Concretamente os Asirios calafateaban os seus barcos con esta materia oleosa. No século XVIII era destilado en Rusia e Alsacia pero a primeira perforación data do 27 de agosto de 1859 cando o coronel Edwin L.Drake fixo brotar petróleo en Titusville (Pensilvania) dende unha profundidade de 23 metros (ver vídeo). Despois desta primeira perforación o terreo quedou sementado de altas torres de extracción. O transporte facíase por barris de madeira que tiña 42 galóns.
Tómase xeralmente como referencia ao falar de barril de cru ou petróleo á unidade de 42 galóns (aproximadamente 159 litros). Esta curiosa medida considerada como estándar, perdura no tempo como recordo da época colonial inglesa.

Este peso era doado de manexar por parte dunha parella de homes (pois un barril de petróleo pesa aproximadamente uns 136 quilogramos), e á vez o tamaño do mesmo permitía que 20 barrís de petróleo puidesen ser colocados sobre un vagón de carga dos trens da época, o que abarataba o custo do transporte do produto extraído.

Pero máis que iso esta medida de 42 galóns xa era un patrón de medida utilizado profusamente nas diversas transaccións comerciais do día a día. Era o envase tradicional e de uso común co que se almacenaba e comercializaba a maioría dos produtos de consumo, como o arenque, o salmón, o viño, a melaza, a manteiga, o xabón, e até o aceite de balea. Todos eles transportábanse e comercializaban en barrís ou toneles de 42 galóns de capacidade. E este atípico valor de 42 galóns como referencia de medida de volume no comercio estadounidense de finais do século XIX, era unha herdanza da época colonial. Tal medida de capacidade fora imposta baixo o reinado de Ricardo III de Inglaterra (1483-1485) e traído a terras americanas polos primeiros colonos. Adicional a isto, o estatuto de Pensilvania de 1700 establecera o barril de 42 galóns como o colector estándar para o transporte de todo tipo de produtos e comestibles, polo que o seu uso adquiría contexto legal no comercio.

O barril de 42 galóns de capacidade (159 litros) permanece até os nosos días como a medida referencial de comercialización do petróleo. Non importa que o mesmo sexa transportado por quilométricos oleodutos ou grandes súper-tanqueros, a unidade de medida para cómpraa-venda mundial do petróleo é o barril de 42 galóns de capacidade.
Vid: Wikipedia e Suplemento Semanal (17 de xuño 2001, p. 59)


Está claro que cando hai convulsións políticas vai haber repercusións de forma directa na economía, incluso, de países alleos a ditas problemáticas. E isto ven ao caso porque o que está acontecendo nos países do Magreb traerá consecuencias a España xa que son os que nos abastecen de gas natural. Isto abórdao moi ben o autor do artigo de El País: "Seguridad energética frente al riesgo geopolítico", Antonio Llardén presidente de Enagás, que en resumidas contas di que España depende do gas natural que procede desta zona. Unha repercusión directa é a falta de abastecemento, como aconteceu no 2009 en Alemaña cando non contaba coa chegada de gas polo conflito entre Ucraína e Rusia, pero tamén aproveita o autor para destacar outra deficiencia española que é a do almacenamento, unha asignatura pendente que sería unha solución para paliar os problemas que poidan producirse por falta de suministro.
O gráfico foi elaborado por min en base aos datos facilitados polo autor do artigo


O artigo completo pódese ler en:
Seguridad energética frente ao riesto geopolítico













Na terceira, ou diríamos, cuarta revolución industrial, a característica máis notoria é a dispersión espacial das industrias e compoñentes. Isto é, que unha fábrica pode elaborar diferentes manufacturas ou compoñentes en calqueira parte do mundo (en función da rendibilidade, buscando abaratar custes). Pero iso ten un risco, e é o que está a acontecer hoxe mesmo coa fábrica de Citroën en Vigo, a maior produtora de vehículos. Debido á catástrofe de Xapón, este país non pode enviarlle o compoñente necesario para a fabricación do coche de gasoil, por tal motivo, debe parar a súa fabricación. Ás veces, as fábricas contan con dous servizos de manufacturas por se falla algún, neste caso non hai e polo tanto terá que solventar este percance. Vexamos onde se localizan as manufactura se Citroën e podemos facer un comentario.