30 noviembre, 2014

TEMA 2 A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DAS SOCIEDADES

TEMA 2: A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DAS SOCIEDADES

Presentación do tema
Resumo do tema

Actividades resoltas



Os países organizan  a súa economía de forma diferente. A organización económica é a forma de producir, distribuír e consumir un ben. Na actualidade destacamos catro: o de subsistencia, a economía capitalista, a planificada e a mixta. Clica na imaxe e verás un video que o explica de xeito sinxelo

Capitalismo: consumismo
Lin de Borja Vilaseca un artigo titulado "Consumo insostenible" e quero resumir algo pois considero que é moi interesante. Dinos que todos nós traballamos para sobrevivir e consumimos os produtos e servizos que nos ofrecen as empresas. Tanto é así que as empresas non valoran ás persoas, senón que as ven como traballadores, empregados, clientes, consumidores. A base da economía e o sistema susténtase na produción, consumo, venta, compra. Compra que depende do poder adquisitivo das familias.
Despois de que o autor nos explique as fases económicas de: extracción, produción, distribución; alúdenos a unha cuarta fase que sería o CONSUMO e di del que "se trata del corazón que bombea la sangre que mantiene con vida el sistema monetario".
Pois ben, para que isto se manteña, o autor fai alusión a que as empresas producen cada vez en menor calidade (de novo é unha alusión a obsolescencia programada). Se os artigos durasen moito tempo, a xente non consumiría como é necesario para manter o nivel de produción. Asemade, é necesario, para as empresas facer moito marketing para facer que consumamos máis e tiremos produtos que aínda son de proveito. Por todo isto, como o planeta se está esgotando, o autor alude á filosofía do "consumo consciente". Clica na seguinte imaxe e visualiza o pequeno vídeo sobre este tema




























Unha noticia que asalta o día de hoxe versa sobre a economía sumerxida e alude a que esta aumentou considerablemente. Nas clases de xeografía de 3º falamos deste fenómeno. Moitas familias españolas se mantiveron por exercer unhas actividades non declaradas ou irregulares: venta ambulante, servizo doméstico, realización de traballos de albañilería, etc. En España podemos ver a cuantía de poboación que se dedica a unha economía sumerxida. Esta causa un dano ás arcas do Estado e supón unha competencia desleal xa que, normalmente, son actividades máis baratas que aquela de carácter oficial que están declaradas.
Observade no mapa que se presenta a porcentaxe de poboación dedicada á economía sumerxida por provincias, dará que falar.