TEMA 3: A AGRICULTURA, A GANDARÍA, A PESCA E A SILVICULTURA
Un dos sectores máis delicados é o
agrícola. España é un dos países europeos cunha maior produción agrícola pero
calquera crise fai que se abra unha fenda con graves consecuencias. No
suplemento do País, Negocios, hai un artigo no que se estuda o sector agrícola
español. Di que a produción de froitas e hortalizas foi considerada
tradicionalmente un dos piares do sector agrario español e un dos motores de
emprego. En extensión de cultivos supón o 9% da superficie agraria útil: uns
2,7 millóns de hectáreas, das que máis do 50.000 son de invernadoiro.
Cultivos transxénicos
A Comisión da UE permite o
cultivo de produtos tranxénicos tales como o millo e o recente produto da
pataca de uso industrial Amflora que, segundo os ecoloxistas, é perigosísima. A
este ritmo a agricultura convértese nun ensaio industrial e químico que a longo
prazo repercutirá en enfermidades perigosas. A industria química, o desexo de
producir máis, leva a realizar prácticas non demasiado éticas. E España
concentra o 68% dos cultivos tranxénicos. Perigo para nós e para a
biodiversidade. Ver a noticia en etiqueta.
Incompatibilidade entre a agricultura e o medio ambiente
Un dos temas que tratamos en xeografía é o da agricultura dedicándolle
un apartado ás características do sector primario de Rusia. Deste país
destacamos un aspecto que afectou sobremaneira ao medio ambiente como é a
desaparición do mar de Aral. En Rusia aproveitouse a auga do mar de Aral para
estender os cultivos de regadío como o algodón, o tabaco, o arroz...e isto
trouxo graves consecuencias como a erosión e salidificación do solo así como a
expansión do deserto, xa que se reduciu a masa de auga nun 80%. Fixo que se
desprazaran a cerca de dous millóns de habitantes que vivían no seu entorno. O
video que se presenta axuda a comprender este fenómeno que, desgraciadamente
non é único no mundo.