10 junio, 2011

TEMA 3: A AGRICULTURA, A GANDARÍA, A PESCA E A SILVICULTURA

TEMA 3: A AGRICULTURA, A GANDARÍA, A PESCA E A SILVICULTURA









Un dos sectores máis delicados é o agrícola. España é un dos países europeos cunha maior produción agrícola pero calquera crise fai que se abra unha fenda con graves consecuencias. No suplemento do País, Negocios, hai un artigo no que se estuda o sector agrícola español. Di que a produción de froitas e hortalizas foi considerada tradicionalmente un dos piares do sector agrario español e un dos motores de emprego. En extensión de cultivos supón o 9% da superficie agraria útil: uns 2,7 millóns de hectáreas, das que máis do 50.000 son de invernadoiro.


Cultivos transxénicos



A Comisión da UE permite o cultivo de produtos tranxénicos tales como o millo e o recente produto da pataca de uso industrial Amflora que, segundo os ecoloxistas, é perigosísima. A este ritmo a agricultura convértese nun ensaio industrial e químico que a longo prazo repercutirá en enfermidades perigosas. A industria química, o desexo de producir máis, leva a realizar prácticas non demasiado éticas. E España concentra o 68% dos cultivos tranxénicos. Perigo para nós e para a biodiversidade. Ver a noticia en etiqueta.



Incompatibilidade entre a agricultura e o medio ambiente



Un dos temas que tratamos en xeografía é o da agricultura dedicándolle un apartado ás características do sector primario de Rusia. Deste país destacamos un aspecto que afectou sobremaneira ao medio ambiente como é a desaparición do mar de Aral. En Rusia aproveitouse a auga do mar de Aral para estender os cultivos de regadío como o algodón, o tabaco, o arroz...e isto trouxo graves consecuencias como a erosión e salidificación do solo así como a expansión do deserto, xa que se reduciu a masa de auga nun 80%. Fixo que se desprazaran a cerca de dous millóns de habitantes que vivían no seu entorno. O video que se presenta axuda a comprender este fenómeno que, desgraciadamente non é único no mundo.