25 enero, 2015

TEMA 8: AS ACTIVIDADES COMERCIAIS E OS FLUXOS DE INTERCAMBIO


TEMA 8: AS ACTIVIDADES COMERCIAIS




Existen grandes diferenzas entre uns países e outros respecto á súa capacidade de crecemento económico económico, é dicir, de producir bens -alimentos, manufacturas ou vivendas, por exemplo- e servizos, tales como educación, ocio ou asistencia sanitaria.
Hai numerosos indicadores para medir o potencial produtivo dun país. Entre os máis empregados encóntrase o PIB e o PNB.
  • PIB é o valor total dos bens e servizos producidos producidos dentro das fronteiras dun país durante un período de tempo determinado, xeralmente un ano.
  • PNB é o valor da produción das empresas dun páis, no seu territorio e tamén fóra del, durante un período de tempo específico, normalmente un ano.
Entre as dúas medidas son as máis importantes da actividade económica dun país. Con todo, hai que aclarar certos aspectos. En todos os países, algúns dos factores de produción son propiedade dos estranxeiros, polo tanto, parte dos ingresos que se xeran perténcelles.
O PIB mide o ingreso dos factores de produción dentro das fronteiras dun Estado, sen importar quen percibe o ingreso. O PNB, polo contrario, mide o ingreso que perciben os residentes nacionais, sen importar se o ingreso provén da produción interna ou da produción exterior. Así o PNB de España sería igual ao PIB de España, máis os ingresos dos españois no exterior, menos os ingresos dos estranxeiros dentro de España.
Se os valores absolutos do PNB e PIB se dividen entre a poboación que vive nese país, obtéñense o PNB por habitante e o PIB or habitante. Na actualidade fálase da UPA que é a Unidade de Poder Adquisitivo por habitante.
Vid: Santillana, Guía de recursos. Xeografía 3, p. 287.
_______________
Viña no diario El País unha reportaxe sobre a exportación española. Segundo se podía ler, as empresas exportadoras foron as primeiras en sufrir a grande recesión pero está claro que agora constitúen o motor da economía. Para moitas empresas vender ao exterior é unha necesidade xa que o consumo interior reduciuse moito. Nos últimos meses parece notarse unha recuperación das exportacións, nada menos que un ascenso dun 23% con respecto ao mesmo período de 2010. E isto puido ter sido porque en España hai empresas que son líderes mundiais nas súas ramas, como se pode comprobar no seguinte enlace: Ranking de empresas españolas.

 Agora o mercado diversificouse moito, hai que buscar produtos de calidade e altamente competitivos para atraer o mercado internacional e ampliar ao máximo o noso radio de acción: Países aos que exportamos.
Hai sectores onde os crecementos están sendo espectaculares como maquinaria para a industria e o transporte, cuxas ventas aumentaron un 26% con respecto ao ano pasado; o textil, o automóbil, o farmacéutico...As importacións medran menos
Analizade todo isto nas gráficas e táboas que se vos presentan nesta entrada: Evolución das exportacións de mercancías e servizos

_____

Segundo un informe que se presentou en OCEANA,o tráfico marítimo en augas da Unión Europea xera cada ano máis de 20 millóns de metros cúbicos de residuos de petróleo e outros hidrocarburos. Son o resultado do tránsito de miles de buques e do transporte de máis de 500 millóns de toneladas de cru e outros cerca de 300 millóns de produtos refinados, como fuel, gasóleo, gasolina, benceno, etc.
Un petroleiro que transporte unhas 150.000 tn de cru pesado pode xerar unhas 800 tn de residuos procedentes dos lodos que quedan nas súas adegas. Por outra parte, utilízase auga para lavar os seus tanques, orixínanse outros 6.000 metros cúbicos de augas contaminadas. A elas hai que engadir os residuos resultantes do uso de aceites nos motores ou do consumo de combustible. Co que a suma total pode ser de máis de 10.000 metros cúbicos de residuos de hidrocarburos por petroleiro/ano.
Os países do sur de Europa son os que dispoñen de menos medios para loitar contra a contaminación e para a vixilancia dos buques, que navegan polas súas augas. O mar Mediterráneo é o lugar onde os petroleiros verten os residuos. Cada ano detéctanse unhas 3.000 verteduras ilegais de petróleo aos mares de Europa, dos que case o 50% se producen no Mediterráneo. A falta de vixilancia, a relaxación dos países costeiros e a non perscución dos infractores fan que este mar sexa un perfecto vertedoiro.
A solución a estes problemas non é difícil poderíase:
  • Levar inspectores a bordo dos petroleiros que navegan por augas da UE para coñecer o volume real de residuos xerados e asegurar que a súa deposición e tratamento é o adecuado.
  • Xerar unha lista negra, non só de buques, senón de empresas que violan os convenios internacionais, para impedirlles a súa actuación en Europa e que reciban subvencións da UE.
  • Crear sistemas de vixilancia e detección de verteduras ilegais coas técnicas máis avanzadas.
Vid: Santillana, Guías e recursos. 3º Xeografía, Santillana, p. 337, tomado de Pastor, X. (Vicepresidente de Oceana en Europa), Idea Digital, 18 de decembro de 2003.