TEMA 7: O TRANSPORTE E O TURISMO
A compañía de ferrocarrís xaponesa Central Japan Railway anunciou que, a partir de 2025, porá en circulación o tren de levitación magnética máis rápido do mundo, que alcanzará unha velocidade de 550 quilómetros por hora e que substituirá aos actuais trens de alta velocidade nipóns. A liña -na que se investirán 34.300 millóns de euros- terá unha lonxitude duns 300 quilómetros e podería unir, nunha primeira fase, a cidade de Tokio con Nagoya, e máis tarde ampliaríase até Osaka. A tecnoloxía de levitación magnética (Maglev) consiste en utilizar a enerxía electromagnética para impulsar trens, que van flotando sobre a vía. Hai dúas clases de sistemas: a suspensión electromagnética (EMS) -que utiliza a forza de atracción dun imán xunto á vía para elevar o tren sobre ela- e a suspensión electrodinámica, que utiliza a forza de repulsión entre dous imáns para sustentar o tren sobre a vía. Wilem van der Pol, fundador e presidente da Asociación Europea Maglev (EMA), diferenza, ademais, entre o sistema europeo, onde o motor de tracción atópase nas vías -como no Transrapid alemán-, e o sistema americano, no que o motor está no vehículo. O custo é a principal barreira para a súa xeneralización. Calquera dos dous sistemas poden alcanzar velocidades moi superiores ás dos trens convencionais de alta velocidade, podendo superar, en teoría, os 700 quilómetros por hora. Segundo a American Federal Railroad Administration (AFRA), que xestiona os ferrocarrís en EEUU, "é unha tecnoloxía avanzada de transporte que se vale da forza electromagnética para manter suspendido e propulsar a un vehículo sobre unha vía especialmente deseñada para iso. A técnica eliminaría calquera compoñente móbil, como as rodas, así como friccións". Impulso en EEUU Este organismo quere impulsar esta tecnoloxía en EEUU, xa que é limpa, non emite gases contaminantes e é silenciosa. Kevin C. Coates, un dos fundadores do International Maglev Board, confirma a Público que o novo presidente Barack Obama "quere ver trens de levitación magnética en EEUU e ser líder mundial nesta tecnoloxía, polo que destinou no seu plan de estímulo económico uns 8.000 millóns de dólares para incentivar este medio de transporte". "Os maglev teñen máis en común cos avións que cos trens", engade.
_____
O tráfico de mercadorías que cruza os Alpes por estrada non deixa de medrar e Suíza prepárase agora para pór en práctica unha decisión que tomaron en referendo en 1994: a de que todas as mercadorías que atravesan o país o fagan por tren. Para iso están a construír unha liña ferroviaria de alta velocidade entre Zúric e Milán. A liña incluirá o túnel máis longo do mundo, escavado baixo dous quilómetros de montaña e cunha lonxitude de 57 quilómetros, que unirá as localidades de Erstfeld e Biasca e que pasará por baixo do agora empequeñecido túnel de Gotthard. Proxecto innovador A nova liña de alta velocidade permitirá viaxar de Zúric a Milán en dúas horas e media en lugar das catro actuales. Todo o tendido ferroviario construirase á mesma altura, 500 metros sobre o nivel do mar, o que permitirá utilizar trens de alta velocidade que viaxarán a 240 km/h e que cubrirán o traxecto entre Zúric e Milán en dúas horas e media e non nas catro actuais. Na construción do túnel, o elemento clave do novo percorrido, traballan 2000 persoas durante 24 horas ao día, 365 días ao ano. O custo total da construción da nova liña duplicouse pasando de 6.000 a 11.300 millóns de euros e non se espera que estea terminada antes de 2018. No proxecto está planeada a construción no túnel dunha estación subterránea para viaxeiros, que se denominará Porta Alpina, e que agora é utilizada para o transporte de materiais e traballadores.
Vid: http://www.20minutos.es/noticia/214656/0/suiza/tunel/construccion/
__________
Euro Túnel Inglaterra-Francia. Cando Inglaterra e Francia decidiron unir ambos os países cun túnel de case 52 quilómetros, os enxeñeiros enfrontáronse a un gran reto: eles non só terían que construír un dos túneles mais longos do mundo; eles tamén terían que convencer ao público de que os pasaxeiros estarían a salvo e seguros nun túnel desta lonxitude. Para este tempo, sucederon importantes incendios en obras deste tipo, como o foi o desastre do túnel Holland en Estados Unidos. Como eles resolverían este problema? Construíndo rutas de escape. O Euro Túnel, chamado tamén o Channel, actualmente consiste en tres vías. Dous dos túneles están completamente habilitados para tráfico de trens. No medio de ambos, hai un terceiro túnel de servizo máis pequeno que tamén funciona como ruta de escape. Só un ano despois de que o Channel abriu, o seu deseño foi posto a proba. 31 persoas quedaron atrapadas nun lume que estalou nun tren que proviña de Francia. O deseño funcionou porque permitiu a todos escapar cara ao túnel de servizo. Tardaron só tres anos ás maquinas tuneladoras en facer o túnel de Francia a Inglaterra e en unirse baixo a terra e atoparse por centos de metros por baixo da superficie das auguas. Grazas a esta obra os trens que poden avanzar a velocidades até case 200 quilómetros por hora, puidendo trasladarse desde un extremo ata o outro en só 20 minutos. Entre outras cousas:
______
Aeroporto de Gerona (4.848.619 pasaxeiros)
Aeroporto de Ibiza (4.765.121 pasajxeios)
Aeroporto de Fuerteventura (4.630.056 pasaxeiros)
Aeroporto de Sevilla (4.507.142 pasaxeiros)(Novembro de 2007)
Aeroporto de Bilbao (4.277.610 pasaxeiros)
Aeroporto de Tenerife Norte (4.125.034 pasaxeiros)(Novembro de 2007)
Aeroporto de Menorca (2.776.610 pasaxeiros)
Aeroporto de Santiago de Compostela (2.050.121 pasaxeiros)
Aeroporto de Murcia-San Javier (1.995.162 pasaxeiros)
Aeroporto de Xerez de la Frontera (1.607.834 pasaxeiros)
Aeroporto de Asturias (1.580.830 pasaxeiros)
Aeroporto de Granada (1.467.590 pasaxeiros)
Aeroporto de Vigo (1.405.968 pasaxeiros)
Aeroporto de Reus (1.305.894 pasaxeiros)
Aeroporto de A Coruña (1.266.804 pasaxeiros)
Aeroporto de Ibiza (4.765.121 pasajxeios)
Aeroporto de Fuerteventura (4.630.056 pasaxeiros)
Aeroporto de Sevilla (4.507.142 pasaxeiros)(Novembro de 2007)
Aeroporto de Bilbao (4.277.610 pasaxeiros)
Aeroporto de Tenerife Norte (4.125.034 pasaxeiros)(Novembro de 2007)
Aeroporto de Menorca (2.776.610 pasaxeiros)
Aeroporto de Santiago de Compostela (2.050.121 pasaxeiros)
Aeroporto de Murcia-San Javier (1.995.162 pasaxeiros)
Aeroporto de Xerez de la Frontera (1.607.834 pasaxeiros)
Aeroporto de Asturias (1.580.830 pasaxeiros)
Aeroporto de Granada (1.467.590 pasaxeiros)
Aeroporto de Vigo (1.405.968 pasaxeiros)
Aeroporto de Reus (1.305.894 pasaxeiros)
Aeroporto de A Coruña (1.266.804 pasaxeiros)
_____
Os demáis aeroportos que xestiona en España non chegan a 1.250.000 pasaxeiros ao ano, entre os principais atópanse o Aeroporto de Albacete, Aeroporto de Badaxoz, Aeroporto de Burgos, Aeroporto de La Palma, Aeroporto de Almería, Aeroporto de Santander, Aeroporto de Valladolid, Aeroporto de Salamanca-Matacán, Aeroporto de Zaragoza, Aeroporto de Pamplona, Aeroporto de San Sebastián, Aeroporto de Melilla, Aeroporto de El Hierro, Aeroprto de Vitoria e o Aeroporto de León. Tamén explota outros aeroportos e aeródromos de menor tamaño e tráfico de pasaxeiros. Datos de 2007.
Un novo tramo do AVE se inaugurou estes días. España sitúase, deste xeito, no país con máis Km en liñas de Alta Velocidade. Madrid-Valencia realizarase nunha hora e media o que permite un desprazamento rápido e fluído.
Nestes días tamén se inaugurou a liña que une Francia con España e hai conexión de Barcelona a París. De seguir así, en poucos anos a capital española estará conectada coas principais capitais de provincias.
Para comentar