TEMA 1: OS SISTEMAS POLÍTICOS E OS ESTADOS
Os Estados do mundo: a súa organización. Clica na frecha:
As relacións internacionais entre países fóronse ampliando de tal xeito que hoxe en día podemos falar de mundo global ou do fenómeno da globalización. As relacións internacionais van en aumento e cada vez son máis intensas. Pero o mundo divídese en zonas que son altamente ricas: como son EEUU, Xapón, UE, Canadá e, nos derradeiros anos, China se conforma como un país que está aumentando considerablemente. Logo están as zonas en vías de desenvolvemento como son Sudamérica, SE asiático. E finalmente, zonas esquecidas conformada por países que viven na pobreza.
China está desbancando ás tradicionais potencias económicas mundiais. O seu paso ao capitalismo fai deste país un potencial económico, non obstante China aínda está por detrás no que a dereitos fundamentais se refire. O seu aumento parece ser a costa do incumplimento deses dereitos. Observemos esta gráfica e veremos o aumento do PIB en dez anos. As exportacións aumentaron considerablemente, algúns din que é debido a que o yuan está infravalorado. Pero a renda per cápita é moi baixa, comparativamente falando con Xapón e EE.UU. Podedes ver o comentario máis exhaustivo en: http://www.lainformacion.com/
O seguinte video explica como se formou a UE. Ao visualizalo pódense entresacar as ideas principais. Compleméntase coa presentación que aparecerá ao clicar o rótulo de Unión Europea
No seguinte enlace accederás a unha actividade na que se vai indicando os países que forman a UE e o ano de entrada:
Neste tema fálase da organización de España en municipios, provincias e CCAA. Para localizar as provincias e CCAA de España podes clicar no seguinte enlace: