25 febrero, 2015

TEMA 5 CIDADE, BURGUESÍA E CATEDRAIS

TEMA 5: CIDADE, BURGUESÍA E CATEDRAIS
A IDADE MEDIA (S. XII-XV)




                                     
Cidade, burguesía e catedrais from Rosacidgalante


O Seguinte mapa mental fará que comprendas  como se estrutura o tema

Este século non estivo falto de revoltas sociais, tanto por parte dos nobres que perdían influencia na sociedade como por parte da burguesía que era rival da nobreza. Resolve, pois, a actividade seguinte:




Un dos acontecementos máis importantes desta época é o xurdimento das cidades. Estas aparecen xa que nelas se van a vender os excedentes da agricultura, polo aumento de poboación e porque os campesiños conseguen a súa liberdade (ao producir máis) e trasládanse á cidade dedicándose ao artesanado ou pequeno comercio. No seguinte video pódese coñecer un pouco de cerca como eran as cidades e tamén imaxes de cidades medievais que aínda hoxe en día están case intactas.

  

No tema faise alusión aos gremios: que son, organización, obxectivos que tiñan...A actividade que propoño a continuación fai comprender en que consistían:



É unha época de desenvolvemento comercial.


Para iso tivo especial importancia os avances técnicos nos transportes. Realiza o seguinte exercicio e aprenderás cales foron os cambios:


Visualiza o seguinte video sobre a peste negra, a que asolou Europa e supuxo a morte dun terzo da súa poboación. Entrase nun período de crise secular pois a fame e a Guerra dos Cen Anos agravarán a situación
  

A arte destes séculos derivará do románico pero agora con outros alardes técnicos como o arco apuntado, a bóveda de crucería, piares máis complexos, arcobotantes... Realiza a seguinte actividade:





Importante: tamén é o período das Cruzadas e da aparición das universidades