26 septiembre, 2013

TEMA 1 A TERRA E O SISTEMA SOLAR




A superficie do globo é trasladada a un cono, normalmente tomando como punto focal un dos polos do planeta e tenxente a un ou dous paralelos de referencia. A distorsión aumenta cara os extremos, pero é menor no vértice.


Establécese mediante a proxección do globo terretres sobre un plano colocado tanxencialmente. Os lugares máis afastados do punto de unión entre a esfera e o plano presentan maior distorsión. Úsanse para representar un só hemisferio ou as áreas polares.





Foi elaborada polo cartógrafo alemán Karl Mollweide en 1805. O obxectivo era corrixir as distorsións de Mercator. Nesta proxección os meridianos son liñas curvas, que tentan obviar as distorsións nas latitudes superiores, ao convrxer nos polos. Pertence ao tipo de proxeccións corrixidas matematicamente para corrixir as distorsións. A proxección interrumpida permite mellorar a forma dos continentes.



Foi creada en 1973 por Arno Peters, respecta o tamaño comparativo dos continentes, aínda que non as súas formas. Con esta proxección pódese ler directamente a auténtica relación dimensional de todos os países e continentes e foi adoptada polos movementos favorables a unha visión máis equilibrada do mundo, xa que non magnifica os territorios do hemisferio norte. Arguméntase que debería chamarse de Gall-Peters, posto que é case idéntica á publicada en 1855 polo escocés James Gall.



A proxección cilíndrica de Mercator reflicte con fidelidade as formas dos continentes pero non as superficies dado que dá a mesma distancia entre os meridianos independentemente da latitude á que se atopan: as deformacións son considerables despois do paralelo 60º (Grenlandia aparece maior que Austraila cando en realidade é menor). Esta proxección está moi difundida e creou unha imaxe distorsionada xa que as terras do Hemisferio norte son de maior tamaño que as do sur.



Nos seguintes enlaces pódese acceder ás diferentes proxeccións da Terra. 




Realiza este test para repasar










Anímate a facer o puzzle. Pica na imaxe e o tempo comeza...xa!




É un planeta marabilloso que debemos coidar. É un planeta azul con vales e montañas, ríos, mares, océanos...É espectacular. Realiza o seguinte exercicio para coñecelo máis.







Agora debedes realizar o seguinte cuestionario sobre o Planeta Terra. Son dez preguntas con tres posibles respostas e hai que escoller a correcta.
Sorte!!!




Resolve este encrucillado sobre o planeta Terra. Componse de oito palabras que hai que averiguar. Procura facelo no menor tempo posible.